viernes, 24 de julio de 2009

La nueva Administración Periférica de la Xunta de Galicia

José Ferreiro Candal. Licenciado en Derecho. Técnico Superior de la Xunta de Galicia


Con el Decreto 245/2009 se pone fin a una organización periférica de más de 20 años de vida. Con este Decreto, que es fruto del llamado plan de auesteridad del Presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoó, pretende adelgazar la estructura periférica gallega, cuya finalidad radica en una disminución del gasto público en materia de sueldo de los altos cargos de la Administración gallega.
Así, lo más relevante es la eliminación de la estructura anterior sobre la base de delegaciones provinciales y, en su caso, territoriales de cada una de las Consellerías.
La nueva estructura, es la que sigue:
- Delegacións Territoriais da Xunta de Galicia en A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo, al frente de las cuales se encontrará un Delegado Territorial (tendrá rango de Director Xeral).
- A su vez, las Delegacións Territorias da Xunta de Galicia, se estructura en los siguientes órganos:
1. Secretaría Territorial: será una por cada Delegación Territorial y tendrá rango de Subdirección Xeral. Al frente de la misma estrá el Secretario Territorial.
2. Departamentos Territoriais: son los órganos de ejercicio de competencias administrativas de cada una de las Consellerías. Vendrían a ser, en cierta manera, las extintas Delegacións Provinciais/Territoriais. Al frente de cada uno de ellos estará un Xefe Territorial. Se puede calificar a los Xefes Territoriais como figura intermedia entre las anteriores Secretarios Provinciais y los desaparecidos Delegados Provinciais/Territoriais.
3. Comisión territorial de coordinación: órgano de asesoramiento y apoyo de la Delegación Territorial correspondiente. Estará integrada por el Delegado Territorial, los Xefes Territoriais y el Secretario Territorial.
Finalmente, indicar que el Decreto aludido delimita las competencias de los órganos descritos así como otros aspectos de relevancia procedimental.
Aquí os dejo el texto de la norma (DOG 1 maio 2009, num. 84):
Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.
I O artigo 103.1º da Constitución española establece que a Administración pública serve con obxectividade os intereses xerais e actúa de acordo cos principios de eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación, con sometemento pleno á lei e ao dereito.A Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, de Estatuto de autonomía para Galicia, establece nos seus artigos 39 e 41 que corresponde á comunidade autónoma a creación e estruturación da súa propia Administración pública, dentro dos principios xerais e normas básicas do Estado, exercendo as súas funcións administrativas mediante órganos e entes dependentes da Xunta de Galicia.
II Seguindo ese mandato, constitucional e estatutario, de acordo cos criterios de eficacia, austeridade e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa, e coa finalidade de establecer a nova estrutura orgánica do Goberno de Galicia, aprobouse o Decreto 79/2009, do 19 de abril, que determina que a Xunta de Galicia queda integrada por dez departamentos.O compromiso con eses criterios que deben inspirar a actuación da Administración pública ten o seu correspondente reflexo nas estruturas orgánicas dos departamentos da Xunta de Galicia fixadas mediante o Decreto 83/2009, do 21 de abril, cunha redución que chega ao 17% nas secretarías xerais, direccións xerais e órganos de igual categoría con respecto á situación anterior, salvagardando, en todo caso, a necesaria eficacia e eficiencia no funcionamento da Administración.
III Ben que ata o de agora a organización da Administración periférica da Comunidade Autónoma de Galicia tiña o seu apoio na figura dos delegados provinciais das distintas consellerías, mediante o decreto polo que se fixan as novas estruturas orgánicas desaparecen as 52 delegacións provinciais e territoriais existentes ata agora, que son substituídas, de acordo cos principios antes sinalados, pola nova figura das delegacións territoriais.As delegacións territoriais quedan adscritas organicamente á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, con nivel orgánico de dirección xeral, e a súa estrutura orgánica, o seu ámbito territorial e as súas competencias deben ser establecidos mediante decreto (artigo 1 e disposición adicional primeira do Decreto 83/2009, do 21 de abril).Así, con este obxectivo básico de impulsar a modernización e racionalización da xestión da Xunta de Galicia, procede reformular a estrutura da Administración periférica, acometendo un proceso de remodelación arredor da figura das novas delegacións territoriais, concibidas como órganos de dirección e coordinación da actuación da Administración autonómica dentro dos seus respectivos ámbitos.Configúranse, asemade, como órganos decisorios e representativos do presidente da Xunta e do Goberno autonómico e coordinadores da Administración periférica da Xunta de Galicia.Respecto aos demais órganos administrativos dependentes da delegación territorial, o decreto crea os órganos básicos das delegacións e pospón a un ulterior desenvolvemento a fixación da estrutura pormenorizada de cada un deles, no cal deberán ser tidas en conta, de ser o caso, as peculiaridades e necesidades administrativas de cada unha das áreas funcionais e territoriais.
IV En canto ao seu ámbito territorial, estará delimitado pola respectiva provincia, salvo as delegacións de Pontevedra e Vigo. Á Delegación Territorial de Pontevedra correspóndenlle todos os concellos da provincia, coa excepción dos que se relacionan a seguir: Nigrán, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Pazos de Borbén, Mos, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Vigo, Cangas e Moaña.Estes catorce concellos integrarán o ámbito territorial da Delegación Territorial de Vigo, en consonancia coa área xeográfica que, cando menos nun principio, se prevé que integre a futura Área Metropolitana de Vigo.Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 83/2009, do 21 de abril, en uso das atribucións conferidas polos artigos 39 e 41 do Estatuto de autonomía de Galicia e polo artigo 4.15º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trinta de abril de dous mil nove,
DISPOÑO:
Capítulo I
Disposicións xerais
Artigo 1º.-Creación. 1. Créanse as delegacións territoriais da Xunta de Galicia na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, nas cales se integran todos os órganos, unidades e servizos da Administración periférica autonómica sitos no seu respectivo ámbito territorial, na forma establecida neste decreto. 2. O seu ámbito territorial está delimitado pola respectiva provincia, salvo as delegacións de Pontevedra e Vigo. Á Delegación Territorial de Pontevedra correspóndenlle todos os concellos da provincia, coa excepción dos que se relacionan a seguir, que integrarán a Delegación Territorial de Vigo: Nigrán, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Pazos de Borbén, Mos, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Vigo, Cangas e Moaña.
Artigo 2º.-Delegado territorial. 1. Á fronte de cada delegación territorial estará un delegado ou delegada, con rango de director xeral, que exercerá a representación da Xunta de Galicia e asumirá a coordinación do exercicio das competencias da Administración xeral da Comunidade Autónoma no seu correspondente ámbito territorial. Tal coordinación tamén abrangue a dos organismos autónomos e demais entes do sector público que integran a Administración institucional autonómica e a xestión dos servizos compartidos.2. O nomeamento de delegados ou delegadas territoriais efectuarase mediante decreto do Consello da Xunta de Galicia, en virtude do establecido nos artigos 4.13 º e 37.1º b) da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro competente en materia de administracións públicas.
Artigo 3º.-Órganos. 1. A delegación territorial estrutúrase nos seguintes órganos:a) Secretaría territorial.b) Departamentos territoriais.c) Comisión territorial de coordinación.2. Son órganos superiores da delegación territorial o delegado ou delegada e a secretaría territorial.
Artigo 4º.-Dependencia dos órganos xerais. 1. Os delegados ou delegadas territoriais dependerán organicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, co apoio e coordinación da secretaría xeral da consellería, sen prexuízo das directrices, instrucións ou criterios que emanen na orde funcional dos diversos órganos superiores das consellerías que correspondan por razón das distintas competencias materiais.2. Os secretarios ou secretarias territoriais dependerán orgánica e funcionalmente dos delegados ou delegadas territoriais.
Artigo 5º.-Dependencia dos departamentos territoriais. Sen prexuízo da súa integración na delegación territorial para os efectos de coordinación, os departamentos territoriais dependerán orgánica e funcionalmente das consellerías que correspondan por razón da materia.
Artigo 6º.-Sede. As delegacións territoriais terán as súas sedes nas localidades establecidas no artigo 1º deste decreto, sen prexuízo da distinta localización que poidan ter algunhas das súas dependencias.
Capítulo II Do delegado ou delegada territorial
Artigo 7º.-Competencias. 1. Aos delegados ou delegadas territoriais correspóndelles, no respectivo ámbito territorial:a) Exercer a representación oficial da Xunta de Galicia.b) Exercer as competencias que lles sexan atribuídas ou desconcentradas en virtude dunha norma xurídica ou que lles sexan delegadas polos conselleiros, directores e secretarios xerais no ámbito das súas competencias.c) Coordinar os órganos en que se estrutura a delegación territorial, impulsar a actividade administrativa e velar polo eficaz emprego dos medios dispoñibles no territorio da súa competencia.d) Facilitar a coordinación da acción da Administración autonómica, cando proceda, coa do resto das administracións públicas que actúen no ámbito provincial.e) Ditar cantas instrucións e ordes de servizo consideren convenientes para o mellor funcionamento da delegación.f) Dispor canto concirne ao réxime interior da delegación en todas as súas dependencias.g) Desempeñar a xefatura de persoal da delegación sen prexuízo das funcións que neste ámbito lles correspondan a outros órganos administrativos.h) Resolver os recursos de alzada que correspondan contra os actos que adopte o secretario territorial.i) Asegurar o cumprimento das disposicións legais e regulamentarias na actuación dos órganos da Administración autonómica.
Artigo 8º.-Recursos. Contra os actos dos delegados ou delegadas territoriais que non poñan fin á vía administrativa poderase recorrer en alzada ante os conselleiros competentes por razón da materia salvo que por disposición legal a regulamentaria se dispoña outra cousa.
Artigo 9º.-Substitución. O delegado ou delegada territorial será substituído, en caso de vacante, ausencia ou enfermidade, polo secretario territorial e, no seu defecto, polo xefe territorial designado polo conselleiro competente en materia de administracións públicas.
Capítulo III Dos restantes órganos da delegación territorial
Artigo 10º.-A secretaría territorial. A secretaría territorial, co nivel orgánico de subdirección xeral, é o órgano de apoio e asesoramento ao delegado ou delegada no exercicio das súas competencias xerais. Correspóndenlle tamén cantas outras competencias expresamente lle sexan atribuídas ou delegadas.
Artigo 11º.-Os departamentos territoriais. 1. Os departamentos territoriais son os órganos de exercicio das competencias administrativas de cada unha das consellerías, co alcance que se lles atribúa na estrutura orgánica da consellería e demais normativa aplicable ou que se lles delegue, e estarán integrados por aqueles servizos ou áreas que sexan necesarios para unha maior eficacia da xestión administrativa.2. Á fronte dos departamentos territoriais estarán os xefes territoriais.3. Agás que unha norma dispoña o contrario, os actos dos xefes territoriais non poñen fin á vía administrativa e serán recorribles en alzada ante os conselleiros de que dependan.4. O xefe territorial será substituído, en caso de vacante, ausencia ou enfermidade, pola persoa que designe o conselleiro de que dependan.
Artigo 12º.-A comisión territorial de coordinación. 1. A comisión territorial de coordinación é o órgano de apoio ao delegado ou delegada territorial para o impulso e coordinación do funcionamento do conxunto dos departamentos da delegación territorial.2. Estará presidida polo delegado ou delegada territorial e formarán parte dela os xefes ou xefas territoriais e o secretario ou secretaria territorial, quen actuará como secretario/a da comisión.3. Cando o delegado ou delegada o considere conveniente, poderán asistir ás súas reunións funcionarios ou outras persoas especialistas nos temas que se traten.
Artigo 13º.-Gabinete xurídico e intervención territorial. 1. En cada delegación territorial existirá un gabinete xurídico territorial, encadrado organicamente na delegación territorial, que dependerá funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral, de acordo coas súas normas reguladoras.2. Igualmente, existirá unha intervención territorial, encadrada organicamente na delegación territorial e funcionalmente dependente da Intervención Xeral. Correspóndenlle as competencias que lle asignen as normas reguladoras deste centro directivo.
Disposicións adicionais
Primeira.-Quedan suprimidas as delegacións provinciais e territoriais actualmente existentes das distintas consellerías.
Segunda.-A Consellería de Facenda realizará as modificacións e habilitacións orzamentarias precisas para o cumprimento do previsto neste decreto, sen que en ningún caso poidan orixinar incremento de gasto.
Terceira.-Os gastos de funcionamento das delegacións territoriais serán financiados con cargo aos orzamentos das consellerías respectivas, atendendo á área funcional que corresponda.
Cuarta.-Non obstante o disposto no artigo 13º.1 deste decreto, seguirá existindo un Gabinete Xurídico Territorial, con sede en Santiago de Compostela, que se regulará de conformidade co disposto na normativa reguladora da Asesoría Xurídica Xeral.
Quinta.-Sen prexuízo do establecido no artigo 1º, polo que respecta a todas as actuacións en materia de tributos cedidos polo Estado, tributos propios, prezos establecidos pola Comunidade Autónoma de Galicia e demais ingresos de dereito público, mantense a competencia territorial dos órganos que a viñan exercendo no momento da entrada en vigor deste decreto, así como a dependencia orgánica e funcional das oficinas liquidadoras de distrito hipotecario.Así mesmo, sen prexuízo do establecido no artigo 3º, a estrutura das delegacións territoriais de Pontevedra e Vigo quedará supeditada ao que se determine nas novas estruturas orgánicas das consellerías.Pola súa banda, a Delegación Territorial da Coruña, para a mellor eficacia da xestión das actividades encomendadas, contará cunha unidade administrativa especial adscrita na cidade de Ferrol.
Disposicións transitorias
Primeira.-As funcións e competencias atribuídas na actualidade ás extinguidas delegacións provinciais e territoriais das distintas consellerías, e que non estean recollidas no disposto no artigo 7º deste decreto, entenderanse atribuídas aos xefes territoriais competentes por razón da materia mentres non se aprobe a normativa que desenvolva a estrutura orgánica da consellería.
Segunda.-As actuais secretarías provinciais das delegacións provinciais e territoriais correspondentes á anterior estrutura organizativa transfórmanse nas xefaturas territoriais reguladas neste decreto.Ademais das funcións e competencias previstas neste decreto asumirán as funcións ata agora atribuídas ás secretarías provinciais.O exercicio das súas funcións e competencias realizarase nos termos establecidos no artigo 5 deste decreto.
Terceira.-Os órganos das actuais delegacións provinciais e territoriais adscribiranse, por razón da súa competencia, aos correspondentes departamentos territoriais ata a regulación que se efectúe en desenvolvemento da estrutura orgánica de cada consellería.
Disposición derrogatoria
Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto e, concretamente, o Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, de Administración periférica e competencias dos órganos territoriais, e o Decreto 115/1987, do 14 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica das delegacións provinciais da Consellería de Agricultura.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Desenvolvemento e execución.Autorízase o titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para ditar cantos actos resulten necesarios para o desenvolvemento e execución deste decreto.
Segunda.-Entrada en vigor.Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.Alberto Núñez FeijóoPresidenteAlfonso Rueda ValenzuelaConselleiro de Presidencia AdministraciónsPúblicas e Xustiza